Friday 17 de May de 2024

Aberta a convocatoria para a selección do Xuíz de Paz substituto


As solicitudes presentadas someteranse a consideración do Pleno, e o nomeamento será por un período de catro anos.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio da convocatoria para a selección dun novo xuíz de paz substituto.

Aquelas persoas interesadas en formar parte do procedemento teñen un prazo de vinte días hábiles para presentar no rexistro do Concello as súas instancias debidamente cubertas acompañadas pola documentación requirida (copia do DNI, certificado de antecedentes penais, declaración xurada de reunir os requisitos legais para acceder ao nomeamento e a xustificación dos méritos alegados).
As solicitudes presentadas dentro do prazo establecido someteranse á consideración do Pleno para a elección da persoa idónea entre as interesadas co quórum de maioría absoluta dos seus membros. O candidato elixido polo Concello será proposto á Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza para o seu nomeamento como xuíz de paz substituto por un período de catro anos.